A música da Roda soaba a partir das 21h. na praza rúa do Prado de Quiroga. Con esta animada actuación completábase unha intensa xornada nesta vila, que se iniciaba a partir das 11h. coa I Mostra de artesáns, que se desenvolvía ao longo da rúa Real durante todo o día.
Neste marco, o cantante Jorge Ferre, gran coñecido de Quiroga por ser vocalista en grupos como Cinema ou a orquestra Panorama, realizaba unha actuación a unha do mediodía, amenizando unha sesión vermú. E o broche musical poñíao pola noite o coñecido grupo A Roda.
Fotos cedidas.