A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa abre as esperadas festas de verán cunha nova edición do Encontro de Pinchadiscos

Hoxe tocaralle o turno a Michael's Legacy, o tributo a Michael Jackson a partir das 23:45 horas

 

Tras dous anos de parón, as Festas de Verán da Rúa volven neste 2022 con máis ganas e forza que nunca. E coma sempre, eran os pinchadiscos os que abrían o programa elaborado dende o Concello.

Na noite do 4 de agosto tiña lugar o xa tradicional encontro contando na mesa de mesturas con afeccionados como José Vicente Solarat (un clásico que abría a xuntanza), Javier Izquierdo, Javier Ferrer “Carallán”, Pedro Merelles e o mesmísimo Santiago Pimentel “Pemento”. O propio Santiago explica que a gran novidade deste ano foi que ata as tres da mañá pincharon rock sobre todo clásico, pero a partir desa hora e especialmente adicado á xuventude, el mesmo pinchou reggaeton “é o que queren os mozo, unha loucura, cada vez máis”, aseguraba onte. Mentres na rúa Doutor Vila a xente ía animándose a botar o primeiro baile das festas que se estenderán ata o vindeiro luns, 8 de agosto (festivo local).

Hoxe, especialmente pensado para o público familiar está o espectáculo de teatro infantil ‘Duncan de Palleiro’ de Lila Teatro. Será ás 12 horas na rúa Doutor Vila dentro do programa da Xunta ‘Cultura no Camiño’. E xa pola noite chegará o prato forte das festas, o espectáculo homenaxe a Michael Jackson ‘Michael’s Legacy’, será a partir das 23:45 horas na praza da Estación.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button