A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa acollerá a XXXVII Xornada Diocesana de Adolescentes e Xoves os días 13 e 14 de abril

Tanto a acollida e o aloxamento así como moitas das actividades, serán no Colexio Diocesano San Pablo VI-Fátima

 

A delegación episcopal de Pastoral Xuvenil convoca, en nome do Bispo, a todos os adolescentes e mozos da diócese á XXXVII Xornada que terá lugar terá lugar os días 13 e 14 de abril na Rúa, baixo o lema “Os que esperan no Señor camiñan sen cansarse”, lema proposto polo Papa Francisco para as Xornadas Diocesanas deste 2024.

“Este ano o Colexio Diocesano San Pablo VI-Fátima está a celebrar o seu 60 aniversario; é por iso que, tanto a acollida e o aloxamento, como moitas das actividades que realizaremos, serán alí e cos de alí, para celebrar xunto con eles, tantos anos de servizo en favor da educación e evangelización dos nenos, adolescentes e mozos que nel formáronse e seguen formándose”, explica o delegado episcopal de Pastoral Xuvenil, Luis Fernández Olivares.

El mesmo adianta que poden participar adolescentes e mozos desde 1º ESO (12 anos) en diante (ata os 30) e que tanto a dirección do centro, como os profesores e alumnos “están a envorcarse para recibirnos a todos. Espérannos con gran ilusión e sen dúbida ningunha, será unha Xornada moi enriquecedora”.

 

 

Por razóns de loxística o mércores 10 de abril será o último día para inscribirse.

PROGRAMA SÁBADO 13 DE ABRIL. “Esperar no Señor”
– 13:30h: Chegada e aloxamento no Colexio Diocesano Pablo V-Fátima.
– 14:00h: Xantar.
– 15:30h: Bienvenida oficial e presentación.
– 16:00h: Tema: Os que esperan no Señor camiñan sen cansarse.
– 16:30h: Escape Room.
– 19:30h: Clasificación e posta en común.
– 20:30h: Descanso.
– 21:00h: Cea.
– 22:00h: Vixilia.
– 23:30h: Velada con concerto, dj e karaoke.

PROGRAMA DOMINGO 14 DE ABRIL. “Camiñar sen cansarse”
– 09:15h: Almorzo.
– 10:00h: Saída Á Igrexa Nª Sra. de Fátima.
– 10:30h: Oración da mañá no Santuario.
– 11:00h: Peregrinación coa cruz dos xoves ata a Igrexa de de Santo Estevo.
– 12:30h: Eucaristía na parroquia de Santo Estevo.
– 14:30h: Xantar no Aguillón.
– 16:00h: Despedida e fin do encontro.

Artigos relacionados

Back to top button