Considerada a Panorama portuguesa, Função Públika nacía en Chaves en 1990 converténdose nunha das orquestras máis destacada do panorama estival, tendo en Galicia un dos principais escenarios.
Neste 2022 celebran o 30 aniversario, chegando ata A Rúa como un dos pratos fortes do programa das festas de verán. Prometían calidade e espectáculo e non defraudaron.
En sesión de tarde e verbena, Função Públika, puxo ritmo, son e cor á xornada do sábado 6 de agosto nunha abarrotada praza da Estación onde a xente, de todas as idades, bailou, cantou e berrou ao ritmo do seu variado repertorio, con coidadas e chamativas coreografías. Temas máis clásicos para a tarde e xa de noite, un repaso polas mellores cancións rock e disco de todos os tempos.
As Festas de Verán da Rúa continúan hoxe, domingo 7 de agosto, co pasarrúas da charanga Fuego animando a feira do mes e a actuación doutra orquestra de renome, Olympus, en sesión de tarde e verbena.
Fotos: Mónica G. Bellver.