Na noite do luns 12 de febreiro, véspera do festivo local do Martes de Entroido, A Rúa celebraba a súa I Cea do Entroido que reunía a unhas 125 persoas na carpa instalada no recinto da estación de autobuses.
A maioría disfrazados, os asistentes degustaron un menú elaborado e servido por Mantesil, a base de empanada de carne, sopa de cocido, costela de tenreira asada, orellas, viño, café e chupitos.
O apartado musical corría a cargo da disco show Danzalia e tamén do radiofónico Rafa Torres (condutor de El Rey del Glam en La Jungla Radio) que recibía a varios seguidores do seu programa chegados dende diferentes partes de España.
A seguinte cita do Entroido na Rúa será o desfile de comparsas que se celebrará esta tarde a partir das 16:30 horas pola estrada principal da vila.
Fotos: Mónica G. Bellver.