Dun xeito moi diferente ao que nos tiñan acostumados, se presentaban na Rúa os Reis Magos na tarde deste mércores 5 de xaneiro de 2022.
Debido ao elevado número de casos activos de Covid en toda a comarca, dende o Concello daban a opción aos nenos de poder ver ás súas Maxestades vía telemática, a través de videoconferencia, pero así e todo, eran moitos os que preferían velos en persoa aínda que fora baixo unha estritas medias anticovid.

Así, pasadas as sete da tarde, Melchor, Gaspar e Baltasar facían acto de presenza na praza do Concello, separados entre si, detrás de mamparas e con accesos ben diferenciados. De seguido, guiados polos voluntarios de Protección Civil, polos membros da Policía Local e incluso parte da corporacón municipal co alcalde Álvaro Fernández á cabeza, os pequenos da vila acercábanse ata os Reis, seguindo un riguroso orde para pedirlle os seus desexos.
Fotos: Mónica G. Bellver.