ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa dá a benvida á primavera cunha nova plantación no Día Mundial da Árbore

O Distrito Forestal XIII, o Concello e os centros escolares colaboran na actividade centrada no Arboretum

Con motivo da celebración do día da árbore de 2016, comezaba a configurarse o Arboretum da Rúa, un entorno de diversidade vexetal con distintas especies de árbores e arbustos que este ano deu un paso máis con novas incorporacións.

Na mañá do 21 de marzo, Día Mundial da Árbore 2018, alumnos dos tres centros escolares da localidade, axentes forestais e representantes políticos, asistían a unha nova plantación no Aguillón rues, á beira do río Sil.

A actividade comezaba co reparto de material por parte do Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives da Consellería do Medio Rural aos alumnos e profesores presentes (5º e 6º de Primaria e 1º da ESO do Pablo VI-Fátima; 1º e 2º da ESO do IES Cosme López; e 5º e 6º do CEIP Manuel Respino): camisetas, gorras, bolsas, acreditacións como “cortalumes” con pautas a seguir en caso de ver lume, bolígrafos,… E de seguido poñíanse mans á obra. Por grupos, guiados por axentes e peóns, os estudantes colaboraron na plantación das diferentes especies: picea abies, betula alba, sorbus aurea, quercus petrea, pinus pinaster,…

Á plantación acudía parte da corporación municipal da Rúa co alcalde Luis F. Gudiña ao fronte, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada polos xefes territoriais do Medio Rural, Iago Borrajo e Educación, Luz Fernández. O obxectivo desta actividade é promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal en Galicia nos escolares porque “as novas xeracións teñen que ser conscientes do inmenso valor que ten o monte e da importancia de apostar polo carácter produtivo e sostible dos recursos forestais”, indicou Díaz Mouteira asegurando aos participantes que “vos sodes o futuro nós temos que seguir traballando para defender unha Galicia verde e con vida”.

O axente forestal que coordina a actividade, Isidro Martínez avanza que para o venres 23 de marzo está prevista a plantación en Viloira (O Barco de Valdeorras), engadindo que cos debuxos feitos polos alumnos da comarca sobre os incendios forestais do ano pasado, relaizarán un mural.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button