ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

A rúa Eloy Mira, no Barco, abrirá ao tráfico mañá trala colocación do mobiliario urbano

Hoxe realizábase o asfaltado rematando así as obras de renovación integral desta rúa

 

Na mañá deste martes 12 de marzo comezaba o asfaltado da rúa Eloy Mira. Un traballo co que “rematan as obras de renovación integral desta rúa”, indican dende o Concello, adiantando que mañá, mércores día 13 procederase á colocación do mobiliario urbano previsto e unha vez instalado “abrirarse ao tráfico”.

De forma paralela continúan os traballos de asfaltado no casco urbano da vila coa rúa Cantón xa rematada. “Esta tarde está previsto realizar a mellora do firme na rúa Eloy Rodríguez Barrios, ata a rotonda coa rúa España”, explican dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button