DeportesÚltima hora

A Rúa, epicentro galego do campo a través o 26 de xaneiro con ata 5 campionatos

Competición galega de cross na Rúa no 2019./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O domingo 26 de xaneiro A Rúa volverá convertirse na capital galega do campo a través. Esta vila valdeorresa acollerá ata cinco competicións autonómicas desta disciplina en diferentes categorías, individuais e por equipos.

A xornada comezará no Aguillón ás 10:30h. co XXIV Memorial Alejandro Lorenzo-Campionato de Galicia de categorías menores (Sub10, Sub12 e Sub14, tanto masculinas como femininas). A saída da última das probas está prevista para as 11:45h.

Ademais, a partir das 12h. darase paso XV Campionato de Galicia Sub16, ao XLVIII Campionato de Galicia Sub18 homes e ao XXX Sub18 feminino de campo a través individual e por equipos.

A programación atlética completarase na Rúa co II Campionato de Galicia de campo a través por relevos mixto. A Federación Galega de Atletismo (FGA) aínda non fixo públicos os seus horarios.

 

Artigos relacionados

Back to top button