Son apenas cinco minutos, pero que se manteñen en silencio e de forma simbólica no exterior do Centro de Saúde da Rúa cada luns ao mediodía dende febreiro. É un acto reivindicativo que une a veciños e persoal sanitario desta localidade para pedir unha Atención Primaria “digna” e que comezaba coa convocatoria a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).
Agora á petición tamén se suma a dun novo centro de saúde. A imaxe repetíase novamente neste luns 22 de xullo ás 12h.
Foto cedida.