O paso do tempo, as inclemencias meteorolóxicas e nalgúns casos o mal uso, provocan desperfectos nas instalacións. Tal é o caso dalgunhas deportivas do Aguillón na Rúa que, grazas a unha subvención da Secretaría Xeral Para o Deporte, poderán ser reparadas.
Así o explicaba á corporación o alcalde rues, Álvaro Fernández, no Pleno celebrado este luns 3 abril. O rexedor adiantou que se trata dunha achega de 55.000 euros dos cales o Concello aportará 11.000 e que permitirá realizar obras na cancha de tenis e no campo de fútbol (redes e focos), así como preparar un foso para salto de altura e algunha outra cousa no pavillón “co fin de chegar a diferentes disciplinas deportivas”, puntualizou o alcalde.
Fotos: Mónica G. Bellver