ConcellosÚltima hora

A Rúa prepárase para o Nadal

A Asociación Sociocultural San Cristóbal organizou unha serie de actividades para estas festas, dende a Cea de Nadal e a Cabalgata de Papá Noel ata as Badaladas

O acendido das luces na noite do 2 de decembro, anunciaba na Rúa a inminente chegada do Nadal. Aínda quedan tres semanas para as datas clave, pero as rúas e os comercios empezan xa a coller color navideño con luces e adornos nos escaparates.

Ademais, por segundo ano, a Asociación Sociocultural San Cristóbal organizou unha serie de actividades para animar o ambiente da vila nestas datas. A primeira cita será o sábado 14 de decembro co acendido da decoración (20h.) e a posterior Cea de Nadal no Casino, para a cal xa se esgotaron as entradas. Ademais de cear, a noite inclúe un Concurso de Playback con 100 euros para o 1º premio e 50 para o 2º.

 

Decoración navideña nos comercios da Rúa.

 

A actividade máis esperada, sobre todo polos cativos, é a Cabalgata de Papá Noel prevista para o martes 24 de decembro, con saída ás 17:30h. da Estación de Autobuses e percorrido pola Rúa Vella (18h.), Fontei (18:30h.), Petín (19h.), rúa Doutor Vila (20h.) e remate na praza do Concello. Quen queira pode levar á súa mascota caracterizada.

A última proposta, especialmente pensada para os mozos, será a celebración das “Badaladas Cristobalitas” o 28 de decembro a medianoite, no adro da Igrexa Nosa Señora de Fátima, en Fontei.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

 

Artigos relacionados

Back to top button