A RúaConcellosSen categorizarÚltima hora

A Rúa queda libre de coronavirus

Rúa Campogrande. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Custou máis do esperado pero por fin A Rúa queda libre de coronavirus na terceira onda da pandemia. Tras varios meses con positivos, nalgún momento cun número considerable de casos activos, a continua melloría chegaba ao punto máis alto na xornada deste sábado 6 de marzo, cando non se rexistra ningún positivo, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade.

A subida das temperaturas e o cumprimento na maioría dos casos das restricións, foron sen dúbida determinantes para chegar aos 0 casos. Unha nova que o alcalde celebra. “Por fin”, asegura Álvaro Fernández.

 

Artigos relacionados

Back to top button