A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa rexistra 14 casos activos de coronavirus

Casa do Concello da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O número de casos activos de Covid 19 no municipio da Rúa leva uns días oscilando, sendo 14 os positivos na xornada de hoxe, 4 de novembro, segundo confirman dende o Concello.

Dende o ente local aseguran que debido á protección de datos non contan cos contactos dos afectados pola enfermidade, por iso lembran á poboación que dende o teléfono de atención ao cidadán (643 958 844) “continuamos á súa disposición para calquera necesidade ou xestión que lles poida xurdir”.

Artigos relacionados

Back to top button