PolíticaÚltima horaVídeos

A Rúa súmase ao izado de bandeira impulsado por Vía Galega no 106 aniversario da I Asemblea Nacionalista

Izado de bandeira na Rúa.

 

Durante esta semana a bandeira galega tivo presencia nas rúas e pendurouse en  vivendas e fiestras de toda Galicia, no marco das campañas que Vía Galega vén desenvolvendo para “divulgar e e popularizar os nosos símbolos nacionais, o himno e a bandeira”.

“Levamos tres anos facendo coincidir esta campaña co aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de  1918″, explican dende Vía Galega cumpríndose neste 2024 “106 anos daquela efeméride, na que asinaban un manifesto, entre outros, Castelao,  Ramón Cabanillas, López Abente, Xaime Quintanilla, Losada Diéguez, Peña Novo, Vicente Risco, Antón Vilar Ponte, Victoriano Taibo, Anxel Casal,  Ramón Villar Ponte e Xoán Vicente Viqueira que se  proclamaban nacionalistas, afirmando: Tendo Galicia todas as características esenciais de nacionalidade, nós, nomeámonos, de hoxe para sempre nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas“.

Dando resposta a “este chamamento de expresión da nosa condición nacional mediante a nosa bandeira”, hoxe, 23 de novembro, máis de 170 localidades izaron a bandeira e 56 concellos realizaron distintos actos, nos que a bandeira galega foi protagonista, contando con actuacións musicais e lectura de poemas e dun manifesto. Entre eses concellos hai varios ourensáns como a propia cidade de Ourense, Allariz, A Mezquita ou A Rúa. Neste último o acto tiña lugar na Área Recreativa do Aguillón onde soaban a gaita e versos de Florencio Delgado Gurriarán e que pode verse no seguinte enlace:

https://youtube.com/shorts/bgS8GmDE96U?feature=share

Foto e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button