DeportesÚltima horaVídeos

A Rúa, unha das metas volantes da XXI Volta Ciclista a Galicia

 

Xa xornada deste sábado 16 de setembro máis dun cento de ciclistas de 16 clubs, 8 deles galegos, percorrían boa parte das comarcas de Terras de Trives, Valdeorras e Quiroga ao longo dos 148 quilómetros que conformaban a terceira etapa da XXI Volta Ciclista a Galicia.

O pelotón saída ás doce do mediodía dende a vía central da Pobra de Trives onde estaba tamén a meta pasadas as tres e media da tarde, e entre medias, percorría diferentes concellos entre os que estaba A Rúa, unha das metas volantes da etapa (a outra estaba en Chandrexa de Queixa).

 

 

Os ciclistas entraban pola rotonda do Pablo VI e percorrían a estrada principal da Rúa pasando por diante do Concello rumbo á avenida de Somoza por onde se incorporaban á N-120 para coller rumbo a Quiroga e Ribas de Sil.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button