Chegou o día. A Asociación Sociocultural San Cristóbal teno xa todo preparado para unha nova edición do CarnaVrao que arrincará esta noite coa cea popular na rúa Doutor Vila, decorada con esmero e alegría para a ocasión.
A partir das 22:30 horas os asistentes poderán degustar un menú a base de empanada, langostinos cocidos e costela asada con patacas ademais de postre, bebida, café e chupitos. Como o ano pasado sortearanse 500 euros.
A casa do Concello tamén está decorada e pola praza pasará mañá o desfile de comparsas que sairá ás 20 horas dende a rúa Campogrande.
Fotos: Mónica G. Bellver.