CulturaCulturaÚltima hora

A Ruada pon o broche ás IX Xornadas de Teatro da Rúa

Este domingo 30 de decembro porán en escena A voda do esganarello, ás 18h. no Centro Cultural Avenida
Cartel da obra “A voda do esganarello”.

Despois de seis sesións e a participación de catro grupos de teatro afeccionado e mesmo monólogos, as IX Xornadas de Teatro da Rúa adicadas a Tito Macías, baixan este domingo o pano. E farano coa actuación dos anfitrións e organizadores, os membros de A Ruada coa súa nova obra A voda do esganarello.

Coma sempre, a estrea tiña lugar no marco das Festas de San Roque a mediados do mes de agosto na praza César Conti, pero esta será a primeira vez que a interpreten no Centro Cultural Avenida. A partires das 18 h. o público poderá sorprenderse e rir coas inquedanzas amorosas dun home rico entrado en anos, coa avaricia dunha moza xove e fermosa e cos rumores sobre este louco namorío e as trouladas dos entendidos na materia que farán deste “un casamento peculiar”.

 

Artigos relacionados

Back to top button