PolíticaÚltima hora

A ruesa Carmen Acuña será a candidata socialista á alcaldía de Oleiros (A Coruña)

A ruesa Carmen Acuña Docampo./ Cedida.

 

A médica valdeorresa Carmen Acuña Docampo será a candidata socialista á alcaldía de Oleiros (A Coruña) nas eleccións locais do 2023, tal é como vén de anunciar a Agrupación Socialista deste municipio.

Anteriormente, a socialista xa desempeñara cargos a nivel municipal no Barco e fora deputada no Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense. Actualmente, Carmen Acuña exerce como médica no municipio de Oleiros.

“Estou en contacto a diario coa cidadanía de Oleiros pola miña profesión, o que me permite coñecer as súas opinións e inquedanzas sobre o municipio. O noso concello ten feito o continente, pero fáltalle aínda moito contido”, explica Acuña, que contou co apoio dos compañeiros/as da agrupación para ser proclamada como candidata.

Artigos relacionados

Back to top button