EconomíaEconomíaÚltima hora

A ruesa Verónica Martínez Salví, no IX Campionato de Tiraxe de Cervexa de Estrella Galicia, en Xantar

 

Conferencias, degustacións, showcookings, presentacións e mesmo certames. Son moitas as actividades que se están levando a cabo na 24ª edición de Xantar que se celebra en Expourense ata o domingo e unha delas é o Certame Beer Master Galicia Sur, IX Campionato de Tiraxe de Cervexa que se celebraba no Stand Estrella Galicia e no que participaba a ruesa Verónica Martínez Salví quen malia os nervios, desfrutaba da experiencia.

 

Verónica Martínez Salví, en Expourense.

 

Neste tipo de campionatos, o xurado valora a actividade de cada participante tendo en conta uns parámetros previamente establecidos: estilo, técnica e forma de tirar a cervexa, acabado, cremosidade da escuma e limpeza, así como presentación e exposición sobre as características do concurso e o servizo.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button