EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Ruta do Viño de Valdeorras organiza tres catas online

Terán lugar durante tres vernes consecutivos ao longo do mes de xuño e serán impartidas por Mercedes González

 

Co fin de aprender sobre viños dunha maneira distendida e divertida, descubrindo as particularidades dos mesmos, a Ruta do Viño de Valdeorras organizará no vindeiro mes de xuño tres catas online baixo o título “As caras do viño”. Estarán dirixidas pola sumiller Mercedes González e desenvolveranse a través de la plataforma zoom.

Terán unha duración dunha hora e media aproximadamente e impartiranse durante tres vernes consecutivos de xuño. O obxectivo desta “iniciativa é ter outra excusa para socializar durante a corentena e dar a coñecer a propia Ruta a través das súas adegas fomentando a venda de consumo directo de viño”, tal e como indican dende Ruta do Viño de Valdeorras.

A primeira das catas está prevista para o 5 xuño ás 20’30h., e terá un custo de 35 € (prazo de inscrición abierto ata o 1 de xuño), a segunda das catas farase o 12 de xuño ás 20’30h., cun coste de 38 € (prazo de inscrición aberto ata o 8 de xuño), e a última será o día 19 de xuño, cun prezo de 35 € (prazo de inscrición aberto ata ol día 15 de xuño).

Dende a organización indícase que, antes da realización de cada cata farase chegar a los domicilios dos participantes las botellas de viño e aconsellaráselles con cada referencia unha posible maridaxe. Ademais a todas as persoas que se inscriban nas tres catas aplicaráselles un desconto do 15%.

Para poder participar é necesario reservar a través do número 604 07 87 53, oy enviar un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com, e desde a ruta remitiráselles un formulario que deberán cubrir para poder facer entrega dos viños.

Artigos relacionados

Back to top button