SanidadeÚltima hora

A sección de Cociña do CHUO presenta os menús especiais que elaborará neste Nadal

Prevé servir entre 400 e 500 destes menús especiais, en cada unha das datas festivas, coincidindo sempre un maior volumen os días 31 de decembro e 1 de xaneiro, que nos dous primeiros festivos

 

Exterior do Hospital de Ourense./ Foto: Carlos Asensio.

Un Nadal máis o persoal da Sección de Alimentación e Cociña do Hospital Universitario de Ourense elaborará menús especiais para estas festas co fin de facer mais levadeira a estanza no hospital a pacientes e profesionais de garda. “A elaboración destes menús supoñen de ano en ano un especial esforzo do persoal desta sección, xa que normalmente implica adicarlles máis tempo e compatibilizalas coas elaboracións do resto de dietas en función das pautas clínicas de cada paciente. A modo de exemplo son responsables da elaboración de entre 24 e 30 tipos de pratos por quenda, cunha media diaria anual de 850 menús, nos que se inclúen as 65 dietas basais e terapéuticas, que se sirven no hospital, todas elas supervisados por unha nutricionista”, explican dende o Sergas de Ourense.

Para Antonio Pazos, xefe da cección de Alimentación, o esforzo paga a pena, máxime este ano, que saben será o último Nadal nas vellas instalacións do edificio Cristal, a espera da próxima apertura das novas instalacións da cociña central, situada no edificio de Hospitalización. O cambio agárdase con ilusión por parte de todo o persoal de cociña, xa que, segundo seu responsable, a nova cociña é un reto moi desexado.

 

 

 

Mais pacientes por fin de ano

Segundo as súas previsións e experiencias, Cociña espera servir entre 400 e 500 destes menús especiais, en cada unha das datas festivas, coincidindo sempre un maior volumen os días 31 de decembro e 1 de xaneiro, que nos dous primeiros festivos.

A sección de Alimentación do Hospital Universitario de Ourense, conta na actualidade cun cadro de persoal composto por mais de 80 profesionais, pinches e cociñeiros, repartidos nas distintas quendas. Polo seu volume de servizos e dietas son o maior restaurante de Ourense, proba delo son os alimentos que moven ao ano. A súa unidade de control e xestión de compras realiza pedidos para atender un consumo anual de 30.000 kg. de peixe; 55.000 kg. de carne; 50.000 kg. de froitas; 150.000 kg. de hortalizas e verduras; 700.000 unidades de pan; 650.000 postres lácteos; 15.000 litros de aceite, primando o virxe extra, ou 72.000 ovos.

Isto require unha complexa loxística de compra e xestión de provedores, na que se aposta polo produto fresco de proximidade, para dar satisfacción non so á demanda da cociña senón ao paciente. “Contamos con profesionais en cada unha das áreas, na procura da mellor calidade posible, xa que noso obxectivo é alimentar e nutrir aos nosos pacientes, pero tamén contribuir co noso traballo a satisfacelos, para que súa estanza sexa tamén mais levadeira” di o xefe de cociña.

Artigos relacionados

Back to top button