DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A secretaria xeral para o Deporte visita a pista de pádel do Barco de Valdeorras

Marta Míguez achegábase ata a zona deportiva barquense na mañá do 31 de outubro

A mediados do mes de xuño abríase a pistal de pádel do Barco de Valdeorras, ubicada na rúa Calabagueiros, a carón do pavillón polideportivo. E catro meses despois, a secreataria xeral para o Deporte Marta Míguez Telle, achegábase ata o Barco para comprobar persoalmente o resultado da obra.

A visita tiña lugar na mañá do 31 de outubro e xunto á titular de Deportes na Xunta estaban o concelleiro de Deportes do Barco Aurentino Alonso, o concelleiro do Partido Popular Arsenio Moldes, e o vicepresidente e o asesor da Deputación, Rosendo Fernández e Bernardino González.

Tal como explicou Míguez Telle, o pádel tivo un crecemento “exponencial en toda Galicia, sendo a Federación que máis progresa, en categoría feminina tamén, polo que en todos os núcleos que o precisan e están ofrecendo esta opción deportiva, estamos axudando, para mellorar a saúde dos veciños e o seu tempo de lecer”.

O custe da pista ascendeu a 40.000 euros e segundo a secretaria xeral para o Deporte, é unha das obras que están acometendo no marco do convenio entre a Deputación e a Xunta (500.000 euros por cada parte). “Obras de moito interese porque investir na área deportiva é investir en saúde”, dixo.

A ese respecto, o concelleiro de Deportes do Barco asegurou que no concello hai moita actividade deportiva en moitas disciplinas distintas superando os 2.000 usuarios das instalacións municipais. Con respecto ao pádel, Tino asegurou que “os días que permite a súa práctica, a pista adoita estar bastante ocupada”, lembrando que hai varios medios para reservala: no pavillón de Calabagueiros, por teléfono ou correo electrónico e proximamente a través dunha aplicación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button