DeportesÚltima hora

A segunda proba da Liga Abanca de categorías menores reúne a 122 atletas no Barco

Desenvolvíase ao longo da mañá do 16 de novembro nas pistas de Calabagueiros

 

En xornada de mañá volvía a VIII Liga galega Abanca de categorías menores de inverno ás pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco). Así o 16 de novembro estas instalacións acollían a segunda cita desta competición autonómica, cunhas cifras de participación similares ás da primeira fase, celebrada en outubro.

 

 

Este evento deportivo congregaba a un total de 122 atletas (tanto de categoría feminina como masculina), boa parte deles do Adas, pero tamén do Club Atletismo Rúa, das escolas deportivas trivesas e ruesas, e mesmo de Viana, entre outros. O programa encetábase ás 10:45h. coa proba de salto de pértega Sub14 (tanto en categoría feminina como masculina).

 

 

Logo viñan probas de 4×50 m lisos Sub10, Sub12 e Sub14 (masculinas e femininas), que incluían tamén control de marcas. O mesmo acontecía cos 300 ml absolutos e co salto de lonxitude Sub14, Sub16 e Sub18.

Neste evento deportivo, organizado pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), tamén se disputaban probas de salto de altura, lanzamento de peso ou de 500 ml. O control da competición estivo, unha vez máis, a cargo do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

Fotos: Delegación Valdeorresa da FGA e Club Adas Proinor.

 

Artigos relacionados

Back to top button