BaloncestoDeportesÚltima hora

A selección de baloncesto feminino de Lucas Mondelo viaxa a Tokio para participar nas Olimpíadas

O venres participaba nas recepcións á delegación olimpíca española que tiñan lugar na Moncloa e no Palacio Real do Pardo

O seleccionador nacional de baloncesto feminino, Lucas Mondelo, na recepción no Palacio Real do Pardo./ Foto cedida.

 

A selección feminina absoluta de baloncesto, que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo, facía o pasado venres o seu derradeiro adestramento antes de viaxar a Tokio para participar nos Xogos Olímpicos. O combinado nacional tamén aproveitaba ese último día en España para participar nas recepcións a parte da delegación olímpica española que tiveron lugar no Palacio da Moncloa e no Palacio Real do Pardo.

A eses actos acudían en representación da selección española de básker feminino o seleccionador Lucas Mondelo, xunto ás xogadoras Laia Palau e Silvia Domínguez. Tras o paso pola Moncloa, onde se reunían co presidente do goberno, Pedro Sánchez, entre outras autoridades, a delegación olímpica visitaba o Palacio Real do Pardo. Alí, As súas Maxestades os Reyes de España, Don Felipe VI e Dona Letizia, dedicaron unhas palabras de alento aos 321 deportistas que representarán ao país en Tokio.

 

 

A selección feminina tiña previsto poñer rumbo a Xapón o sábado e chegar neste domingo a terras niponas. O venres 23 de xullo terá lugar a ansiada inauguración dos Xogos e o 26 de xullo a selección de Lucas Mondelo debutará no Saitama Super Area fronte a Corea do Sur (03:00 da madrugada do domingo 25 ao luns 26).

A ese encontro seguiralle o encontro con Serbia o 29 de xullo ás 10:20 horas. A fase de grupos pecharase o domingo 1 de agosto co Canadá-España (03:00 da madrugada do sábado 31 ao domingo 1).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button