CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Dous xogadores do equipo alevín do CD Rúa, convocados para mañá coa selección ourensá

Equipo alevín do CD Rúa./ Foto cedida.

 

Moi orgullosos están no CD Rúa do equipo alevín que adestran José Antonio N. Barba e Luis María Ferrer. E non é para menos xa que compiten na Primeira Futgal, unha liga cos 16 mellores equipos de Ourense, pelexando polos postos de ascenso á liga galega.

No partido disputado na mañá do sábado 14 perdían 3-6 contra a UD Ourense, baixando ata o 4º posto da clasificación, pero con 8 vitorias e 3 derrotas (incluída a de onte) no que vai de liga, chegaron ata o segundo, tratando de ti a ti aos rivais.

Ademais, dous dos seus xogadores, Gabriel Yáñez Fernández e Pablo Rodríguez Rodríguez, foron tamén convocados para a selección ourensá sub11 masculina para participar no adestramento preparatorio para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol, que se celebrará mañá luns 16 de decembro ás 18 horas no campo de fútbol Cardenas Quiroga, en Maceda.

 

Artigos relacionados

Back to top button