
A selección española absoluta masculina de hóckey adxudicouse o Preeuropeo de Ourense, ao sumar o terceiro triunfo nos tres partidos disputados. Se na xornada inaugural derrotaba á República Checa e o pasado xoves a Polonia, onte facía o propio, de forma contundente, ante Portugal (7-0). Un triunfo nesta competición, que fai que os #RedSticks se clasifíquen para o próximo Campionato de Europa en 2023, o cal dará á súa gañador praza directa nos próximos Xogos Olímpicos de París 2024.
Partido que pronto se mostrou de fronte para o conxunto anfitrión. Joaquín Menini, de tiro cruzado, materializaba o tanto que rompía o equlibrio inicial (1-0, Minuto 3). Unha variación que tería continuidade co segundo, grazas a un golpeo similar ao anterior, que neste caso realizaba José Basterra (2-0, Minuto 7).
Os pupilos de Max Caldas, a pesar de encarrilar pronto o posterior triunfo, seguiron mostrando fame cara á portería contraria. Así chegaría o penalti córner, que cun tiro directo, Pau Cunill convertía no terceiro na asollada matinal en Mariñamansa (3-0, Minuto 8).

Unha brillante acción individual de Menini, deixaría unha bóla franca a Álvaro Iglesias, quen non a desaproveitaba (4-0, Minuto 11). Marc Reyné, tras rexeitar a zaga lusa un novo penalti, anotaba un quinto gol co que se pechaba este parcial (5-0, Minuto 14).
Tras un vendaval ofensivo no primeiro período, no segundo, a pesar da clara distancia, continuou cunha España moi intensa. Desta maneira seguiu sementando ocasións de facer maior a renda. Obxectivo que se logaría mercé ao acerto de Pau Cunill (6-0, Minuto 22), cun novo penalti e tras o certeiro golpeo de Xavi Gispert, a escasos segundos para chegar ao descanso (7-0, Minuto 30).
Co regreso ao xogo nada cambiou. Jordi Bonastre faría o oitavo (8-0, Minuto 32), para dar paso a un tramo baixo un mesmo guión que os anteriores, pero neste cuarto sen novos goles que subisen ao luminoso.

Os últimos 15 minutos non fixeron máis que corroborar o bo encontro mostrado por España, que volvería marcar por medio de Oriol Salvador (9-0, Minuto 44), Marc Recasens (10-0, Minuto 48) e José Basterra (11-0, Minuto 60), para pechar o choque de forma definitiva.
O xogador español Franc Miralles lograba o trofeo ao Mellor Xogador.