OurenseÚltima hora

A selección española feminina de hóckey herba prepárase en Ourense para os Xogos Olímpicos de París

 

No mediodía deste mércores 19 de xuño o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibían no Concello a selección española feminina de hóckey herba, que durante esta semana realiza na cidade de Ourense a súa preparación para os Xogos Olímpicos París 2024.

A delegación española está formada por unha trintena de deportistas (entre xogadoras e persoal técnico, encabezado polo seleccionador, o ourensán Carlos García Cuenca). Tamén participaron no acto os presidentes da Real Federación Española de Hóckey, Santiago Deó, o presidente, Roberto Baratta,
e o vicepresidente, Fran Masid, da federación galega, e o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

 

 

O alcalde deulles a benvida á cidade, agradeceu a aposta da selección española por Ourense, ao realizar aquí a súa preparación para os Xogos Olímpicos de París 2024, e desexoulles moitos éxitos na competición deste
verán, para a que aspiran obter medalla olímpica. “Sei que o ides conseguir, grazas por vir a Ourense e moita sorte”, manifestou Pérez Jácome.

Xogadoras, seleccionador e presidente da Federación coincidiron en expresar o seu agradecemento á cidade pola hospitalidade recibida e o seu desexo de regresar dos Xogos de París cunha medalla olímpica.

Artigos relacionados

Back to top button