OurenseÚltima hora

A selección española feminina de hóckey sala xa está en Ourense

Do 21 ao 23 de xaneiro disputarase o Campionato de Europa II no que participarán sete seleccións

Selección Española de Hóckey Sala Feminina.

 

Do 21 ao 23 de xaneiro de 2022, Ourense será o centro do hóckey salga nacional e europeo, coa disputa do Campionato de Europa II feminino de hóckey salga.

Sete seleccións nacionais disputaranse as 2 prazas de ascenso á máxima categoría (as 8 mellores seleccións europeas), durante 3 intensas xornadas, xogando unha liguiña de todos contra todos. Un torneo moi a nivel europeo, que recala na cidade de Ourense esperando que “sexa talismán para o combinado nacional, conseguindo o obxectivo do ascenso de categoría”, aseguran dende a Federación Galega de Hóckey, adiantando que o escenario da competición será o Pazo dos Deportes Paco Paz, que conta cunha pista sintética específica para o deporte do hóckey sala, con certificación internacional.

 

 

A selección española absoluta feminina chegaba a Ourense na tarde do venres 14 de xaneiro, unha semana antes do comezo do campionato, para realizar unha exhaustiva preparación de fronte ao torneo europeo. Durante toda esta semana pre-campionato levarán a cabo adestramentos diarios, ademais de partidos amigables contra as seleccións de Croacia e Polonia (xa en Ourense a próxima semana).

A presentación oficial do Campionato Europeo de Hóckey Sala terá lugar o vindeiro martes 18 de xaneiro, ás 13 horas, na pista central do Pazo Paco Paz, coa presenza de autoridades locais, responsables da Federación Española e Galega de Hóckey. Tamén estarán as mozas da selección española e o staff técnico.

 

Xogadoras da selección española que xa está en Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button