Con moi bos resultados para Galicia arrancaba o Campionato Europeo de Cross que se está a desenvonver nesta mañá en Piamonte (Italia). En concreto, na proba Sub20, a selección española, da que forma parte a valdeorresa Inés Docampo Gamarra, do Club Adas Cupa do Barco, vén de facerse co ouro europeo.
Nesta carreira ganaba claramente a andaluza María Forero, mentres que a galega Antía Castro lograba o posto 11, María Viciosa o 24, Marta Serrano o 43 e Inés Docampo Gamarra o 53.
Esta é a primeira vez na historia que España se fai con este título, tal e como destaca a Real Federación Española de Atletismo (RFEA), “o nunca visto”, asegura a entidade.
Sumando apenas 21 puntos, a selección feminina subíase ao máis alto do podio “nunha actuación conxunta que lles outorgou o maior éxito colectivo na historia deste campionato, mellorando o 2º posto do pasado ano en Dublín e deixando claro que esta xeración de atletas vén pisando moi forte”, indica a RFEA.
Ademais, dentro da actuación galega neste europeo hai que destacar a prata do equipo de relevo mixto, do que formaban parte Adrián Ben e Solange Pereira.