ConcellosEn portadaO BoloÚltima hora

A Semana Santa das Ermitas (O Bolo), unha das máis senlleiras da provincia

Entre os cultos máis destacados está o Viacrucis, que se celebrará o Venres Santo ás 11:30h. con saída do adro do santuario

 

Nunha escarpada ladeira, ao carón do río Bibei, érguese o Santuario das Ermitas (O Bolo), considerado unha xoia do Barroco galego. Neste fermoso conxunto relixioso, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), celébrase unha das Semanas Santas máis senlleiras da provincia de Ourense, que atrae a multitude de persoas.

Os cultos comezaban xa o 2 de abril coa tradicional bendición de ramos, seguida de procesión e misa. E neste Xoves Santo, 6 de abril, tras as confesións (ás 15h.), oficiarase a misa da Cea do Señor, co lavatorio de pés e a procesión ao Monumento. Xa ás 21h. sairá a procesión do Horto, seguida da Hora Santa.

 

 

O Venres Santo, 7 de abril, será unha das datas centrais desta Semana Santa. Numerosas persoas, algunhas das cales chegan en peregrinación dende concellos como Manzaneda ou Viana do Bolo, acostuman participar na procesión que percorre o Viacrucis.

O calvario, que comezará ás 11:30h., consta de quince estacións (as dúas primeiras no propio adro do santuario), que se corresponden con outras tantas capelas con pasos. Trátase de 62 figuras de madeira maciza, policromadas e a tamaño natural, que representan escenas da paixón e morte de Cristo.

Fotos: A.R.

Máis información sobre a Semana Santa nas Ermitas e na provincia de Ourense no “Especial Semana Santa” en papel do Periódico O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button