ConcellosÚltima hora

A serpe de esculapio, fotografada preto do río Sil na provincia de Ourense

Trátase da primeira cita desta especie en Galicia, tal e como recolle a revista científica "Braña" da Sociedade Galega de Historia Natural

Publicidade
Zamenis longissimus fotografada en Ourense./ Foto: Jesús Fariñas.

 

A serpe de esculapio (Zamenis longissimus) é unha cobra presente no noreste da península ibérica, con algunhas poboacións illadas cara o oeste da península. Dende a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vén de informarse da observación recente dun exemplar de Zamenis longissimus nunha estrada preto da beira do río Sil, en Nogueira de Ramuín. O achádego deste réptil aparece publicado na revista científica galega “Braña”

“Esta observación amplía a distribución da especie case 100 km cara o Oeste, representando a primeira cita da especie en Galicia”, segundo a SGHN.

Ademais esta entidade asegura que con esta cita amplíase “o número de réptiles autóctonos presentes en Galicia, feito que non se producía dende hai moitas décadas, a excepción da descripción de Iberolacerta galani, que foi o desdobramento doutra especie”.

Artigos relacionados

Back to top button