CulturaCulturaÚltima hora

A sevillana Esperanza Macarena, ganadora do XI Concurso de Microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra

Nesta edición participaban máis de 800 persoas, de diferentes partes de España e do mundo

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Outro ano máis, e xa van once, o concurso de Microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra volveu resultar un éxito de participación con máis de 800 persoas. “Cabe salientar que por primeira vez houbo participación de todas as provincias de España, en Galicia,A Coruña, Pontevedra e Lugo por este orde e do resto das comunidades a primeira Madrid e logo País Vasco, Asturias, Cataluña, de onte ten habido gañadores en outras edicións e Andalucía”, sinala o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, resltando ademais  “a participación Internacional, con Francia, Italia e Reino Unido a cabeza e por primeira vez Letonia, polo que ten que ver con Europa. De América os países participantes nesta edición son Estados Unidos e Canadá. Cuba, Arxentina, Colombia, Ecuador, Bolivia, Costa Rica, México, Uruguai, República Dominicana e Venezuela”.

O xurado do concurso (composto polos profesores Delfín Caseiro e Arturo Fernández e presidido polo catedrático emérito e fillo predilecto de Parada de Sil, Antonio Carreño) amosa a sús dificultade para cualificar dado o alto nivel dos partcipantes e despois de moitas deliberacións chegaba ao acordo de conceder o primeiro premio á sevillana Esperanza Macarena polo microrrelato titulado “A qué huele la traición”.

En segundo lugar quedou a palentina de Aguilar de Campoo Estefanía Soto co microrrelato que leva por título “Presuntamente”. E o terceiro premio correspondíalle a Naila María González de Sarria co microrrelato en galego titulado “Debeu ser o aire”.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quere agradecer “a todos os participantes neste concurso, e especialmente ao xurado, que de xeito desinteresado adica moitas horas ao concello de Parada de Sil con motivo deste concurso”.

Artigos relacionados

Back to top button