
No marco das accións promocionais que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras está a desenvolver en Andalucía nestes días había varias presentacións nas escolas de hostalaría de Málaga, que tiñan lugar o martes 20 de novembro. Cada unha delas incluía unha cata comentada. Un total de 22 adegas desta D.O. están a participar en Málaga en diversas accións de marketing organizadas dende o Consello Regulador.
“Tanto o sur de España como o Levante constitúen mercados moi interesantes para nós”, sinala o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, “ata o de agora en Andalucía só fixeramos unha acción promocional na localidade de Torremolinos hai anos e, por iso, consideramos que aínda nos queda moito por explorar neste ámbito xeográfico. Isto decidiunos a apostar por Málaga”.