EconomíaEconomíaÚltima hora

A Tahona Regalado, do Barco, finalista galega do concurso “La Ruta Española del Buen Pan”

O certame está organizado pola plataforma dixital Panatics da revista especializada Pan de Calidad

Finalistas galegos do concurso “La Ruta del Buen Pan”, Gustavo Regalado é o terceiro pola esquerda.

 

Despois de visitar a Comunidade Valenciana, Baleares, Cataluña, Aragón, Castela e León e Madrid, La Ruta Española del Buen Pan chegaba a comezos de setembro a Galicia para buscar o mellor pan e outorgarlle ao seu creador a Miga de Ouro 2021.

Trátase dun concurso organizado por Panatics, a plataforma dixital da revista nacional especializada El Buen Pan, para seleccionar aos 80 panadeiros TOP de España, é dicir aqueles que elaboran no seu  obradoiro “un bo pan artesán, que sabe presentalo en tenda e que ten un bo trato co cliente”. Entre as 17 rutas, unha por cada comunidade autónoma, selecciónanse aos panaderos coas 80 mellores puntuacións, e na edición deste ano atopamos a un panadeiro barquense que lograba ser  finalista da Ruta del Buen Pan da Comunidade de Galicia 2021.

 

Gustavo de Tahona Regalado, O Barco, co diploma de finalista. /Foto cedida.

 

Gustavo Regalado Losada, á fronte da Tahona Regalado (rúa Marcelino Suárez do Barco de Valdeorras), era un dos 35 paneiros (houbo algún máis que foi descalificado) de toda Galicia que participaban no concurso celebrado o pasado 7 de setembro nas instalacións de Aprofar (Asociación Provincial de Forneiros Artesáns) na Coruña. Ás dez da mañá, os concursantes (a maioría das provincias da Coruña e Pontevedra) entregaban os seus pans (fogazas feitas con fariña de trigo común (básica), sen ningún tipo de aditivos engadidos); de seguido eran puntuados polo xurado (recoñecidos profesionais do sector do pan que valoraron cortiza, miga, cor, alveolado, sabor, gusto, textura, peso e aspecto exterior do pan); procedéndose á elección dos seis finalistas, entre os que está o panadeiro barquense; e a entreda do galardón e diplomas.

 

O pan co que participou Gustavo Regalado. /Foto cedida.

 

Máis alá do premio, de ser finalista ou segundo, o verdadeiramente importante para Gustavo, que se presentaba por primeira vez ao concurso, é o que implica estar entre os mellores neste concurso nacional. “É importante de cara á clientela”, di, asegurando que non se trata só de obter un premio senón “que se concegue un seguemento por parte de Panatics para conseguir unha Estrela Dir, semellante á Estrela Michelín pero do sector do pan, que se centra en tres puntos moi importantes: manter a calidade do produto que se presentou no concurso; dar unha boa información do produto, asesorando ao cliente; e a atención ao cliente”, explica Gustavo. Tres puntos que valoran do 1 ao 10, como unha garantía de calidade do produto que se mantén igual que o día do concurso, de aí o mérito de participar no concurso.

 

Concursante e patrocinadores do concurso, na Coruña.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button