EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Teixeira celebrará mañá unha nova edición da Festa do Viño Novo

O acto central do evento é o xantar que comezará a partir das dúas da tarde

Asistentes á anterior edición da Festa do Viño Novo na Teixeira. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A nivel económico, os motores que moven o concello da Teixeira son a gandería e sobre todo o viño, con varias adegas destacadas, amparadas pola D.O. Ribeira Sacra, cuxo viño ten a súa propia festa cada mes de novembro. Con case trinta edicións ás costas o ano pasado a pandemia de coronavirus impedía a celebración da Festa do Viño Novo, pero este ano, tal como adianta o alcalde, Miguel Antonio Cid, decidían recuperala aínda que reducindo o aforo e mantendo todas as medidas sanitarias vixentes.

Será mañá, sábado 20 de novembro, en base a un xantar para 200-250 persoas (fronte ás preto de 500 que adoitaban asistir) que comezará en torno ás dúas da tarde. Polo menos esa é a hora á que abrirán as portas da nave multiusos da vila para saborear un delicioso menú a base de empanada, polbo en abundancia e carne ao caldeiro. Este pratos irán acompañados por viños das adegas da Teixeira e na sobremesa haberá bica, ademais de café e licores.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button