Unha vez máis cumpríanse as previsións meteorolóxicas e aínda que con menos forza do esperado, polo menos nalgúns puntos, na tarde deste venres 7 de xuño a tormenta descargaba en Valdeorras.
Este vídeo foi gravado na Rúa, onde pasadas as 16:30 horas caía unha boa tromba de auga acompañada de fortes refachos de vento e trono. Tamén noutros lugares da comarca como Barxa (O Bolo), A Portela (Larouco) ou Arcos (Vilamartín de Valdeorras), chovía con forza.



