ConcellosEn portadaManzanedaÚltima horaVídeos

A tormenta provoca inundacións en baixos e garaxes de Manzaneda

 

A forte tormenta que caída a partir das 16:30h. de onte, mércores 16 de xuño, en Manzaneda provocaba, en cuestión de minutos, inundacións en varios baixos da vila, tanto de empresas como de particulares. Especialmente afectado resultaba o baixo da fábrica de Embutidos Hervella.

“Ao noso lado hai un pequeno regato que durante o ano, o 90% das veces non leva auga. Sen embargo, choveu tanto xunto que se desbordou e formouse unha corrente de auga que non tiña por onde saír e encauzou directamente cara o baixo da nosa fábrica, onde tiñamos un par de coches, ferramentas, penso… que se cubriron totalmente de auga, de feito, os coches flotaban”, explica un dos responstables da empresa, Jose Hervella, quen destaca que a auga chegou a ter unha altura de 2 m.

A familia púxose de inmediato a achicar a auga e tamén contaba coa colaboración dos veciños nesta tarefa. Tamén interviña Protección Civil de Manzaneda, que ademais acudía a outros dous baixos da vila, un deles o da Carpintería Ébano, tamén por inundacións. Ademais víanse afectados en menor medida outros sotos e baixos da localidade.

Nesta galería de imaxes e no vídeo pode verse como o regato desbordado entra de cheo no baixo da fábrica de Embutidos Hervella.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

Arestora está a chover novamente con forza en Manzaneda, polo que se segue moi pendente na vila ante a posibilidade de que poida producirse novas incidencias nesta xornada de xoves.

 

Artigos relacionados

Back to top button