Unha vez máis cumpríanse as previsións meteorolóxicas e trala calurosa e pesada xornada de onte, na mañá deste mércores 11 de xuño descargaba a tormenta en Valdeorras, con aparato eléctrico e fortes choivas, tal como pode comprobarse nestes vídeos grabados na Rúa e no Barco.
Comezaba arredor das sete da mañá e, tras unha pausa no caso da Rúa, volvía con forza cara as nove e media. No Barco apenas paraba.
Fotos e vídeos: O SIL.



