En portadaÚltima hora

A travesía central do Barco sufrirá restricións de tráfico este sábado polo paso da Volta Ciclista a Galicia

O paso de vehículos estará restrinxido a partir das 12:30 horas "e incluso haberá corte total a partir das 13 horas", tal como adiantan dende a Policía Local

Travesía central do Barco./ Foto: A.R.

 

Con motivo do paso da Volta Ciclista a Galicia polo Barco de Valdeorras o vindeiro sábado 17 de setembro sobre as 13:15 horas, a travesía central da vila sufrirá restricións de tráfico rodado.

Tal como avanzan dende a Policía Local a travesía N-536, a Avenida Conde Fenosa, as rúas Marcelino Suárez e Manuel Quiroga así como Elena Quiroga en Viloira, verán restrinxido o tráfico a partir das 12:30 horas “e incluso o corte total do tráfico entre as 13:05 e as 13:30h aproximadamente”. A partir desa hora se non hai algunha causa extraordinaria abrirase ao tráfico completamente a travesía.

A terceira etapa da Volta, que sairá e rematará na Estación de Montaña Manzaneda, pasará por nove concellos do oriente ourensán (Trives, Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín, O Barco, A Veiga, O Bolo e Manzaneda). Ademais o trazado abarca dúas metas volantes, unha no Barco (diante do Concello) e outra na Veiga (antes da rotonda)

Artigos relacionados

Back to top button