Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A ultrafondista barquense Elena Domínguez será homenaxeada este domingo polo CD Barco

Fará o saque ao inicio do partido ante o CD Velle (17:30h.), tras superar con éxito a proba Spartathlon (Grecia)

Elena Domínguez. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Elena Domínguez vén de completar con éxito unha nova proeza atlética, a Spartathlon (Grecia), unha proba de 246 kilómetros cun máximo de 36 horas, que a ultafondista barquense facía nun tempo de 35,10. “Nunhas condicións extremas tanto a nivel deportivo como persoal, a nosa campioa conseguiu realizalo con creces”, din dende a directiva do CD Barco.

Todo un logro que dende o club barquense queren recoñecer publicamente facéndolle unha homenaxe este domingo 8 de outubro no partido ante o CD Velle. “Fará o saque de campo ao inicio do partido (17:30h.)” adiantan dende o CD Barco, asegurando que “este é o noso espírito, o espírito con ADN VALDEORRAS”.

 

Artigos relacionados

Back to top button