ConcellosÚltima hora

A UME ten a súa base no pavillón de Calabagueiros (O Barco)

 

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) incorporábase onte á noite aos labores de extinción do incendio forestal que afecta, dende a pasada tarde ao Barco e que se orixinaba en Riodolas (Carballeda de Valdeorras). A UME ten situada a súa zona de descanso no pavillón polideportivo de Calabagueiros (O Barco).

Durante a noite traballaban para evitar que o lume entrase en Santigoso e esta mañá estaban a actuar na zona de Santa Mariña.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button