OurenseÚltima hora

A UME volve despregarse na provincia de Ourense para realizar labores de desinfección

 

Neste luns tiña lugar un novo despregamento da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na provincia de Ourense durante a xornada deste luns, dentro da Operación Balmis de loita contra o virus do COVID-19.

Realizaba labores de desinfección en centros residenciais da terceira idade e de persoas con discapacidade de Ourense, Leiro, Ramirás, Pereiro de Aguiar, Riós e Celanova, así como noutras instalacións nas que se producen concentracións de persoas, como as estacións de autobuses e de tren da cidade de Ourense, segundo informa o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.

Esta é a sétima ocasión na que a UME se desprega na provincia de Ourense dende a declaración do estado de alarma. Xa se desprazara a distintos concellos da provincia para efectuar labores de desinfección en centros sanitarios como os hospitais de Ourense e do Barco, centros residenciais e noutras instalacións consideradas sensibles polo elevado número de persoas que se concentran nelas os días 22, 25 e 28 de marzo, e 12, 13 e 14 de abril.

Emilio González agradeceu a colaboración que están a prestar as Forzas Armadas, tanto a UME como a Brilat, para a protección da sociedade ourensá fronte á pandemia do COVID-19.

 

Artigos relacionados

Back to top button