A Unidade Pastoral do Barco de Valdeorras organiza unha excursión a Villafranca del Bierzo (Léon) para ver a exposición ‘Las Edades del Hombre’.
Será o vindeiro sábado 19 de outubro e o prezo por persoa (40 euros) e inclúe transporte de ida e volta, visita á exposición, xantar e visita ao Mosteiro de Carracedo.
A saída será ás 8:30h. dende a praza do Concello do Barco e os interesados deberán apuntarse nas respectivas parroquias.