En portadaÚltima hora

A vacinación anticovid chegará mañá ás residencias de Trives, Manzaneda, Río e Verín, entre outras

 

Continúa a vacinación do Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Os once equipos de vacinación, compostos por persoal de enfermaría de Atención Primaria, que a están a realizar visitarán mañá, sábado 2 de xaneiro, unha vintena centros de maiores e dependentes dos tres distritos sanitarios da provincia.

Prevese vacinar a unhas 942 persoas, entre residentes e traballadores, nos concellos de A Pobra de Trives, San Xoan de Río, Manzaneda, Verín, Bande, Lobios, O Carballiño, San Amaro, Amoeiro, Coles, Vilamarín, A Peroxa, Ourense e San Cibrao das Viñas

Esta será a terceira xornada da primeira fase da vacinación Anticovid, que se está a desenvolver “sen ningunha incidencia salientable en canto á loxística no transporte e distribución das vacinas como da operatividade dos equipos”, segundo indica a Consellería de Sanidade.

Así, novamente mañá sábado desde a primeira hora da mañá os equipos formados polos/as vinte e dous enfermeiros/as voluntarios/as visitarán un total de dezanove residencias de maiores e discapacitados e vivendas comunitarias espalladas por toda a provincia. Esta xornada continuará presentando unha climatoloxía desfavorable en determinadas zonas da provincia, pero isto non impedirá o acceso dos equipos e do transporte das vacinas ata o seu destino.

Esta é a distribución dos equipos especiais de vacinación para mañá sábado:

Equipo 1: VIVENDA COMUNITARIA EL PASEO 1 E 2 (OURENSE), VIVENDA COMUNITARIA XARDIN DA RABEDA (SAN CIBRAO DAS VIÑAS)
Equipo 2: RESIDENCIA DE ADULTOS SANTA CATALINA (AMOEIRO)
Equipo 3: RESIDENCIA XERIATRICA AS CALDAS (O CARBALLIÑO), FOGAR RESIDENCIAL SAN AMARO 1 E 2 (SAN AMARO)
Equipo 4: RESIDENCIA SANTIAGO APOSTOL (VILAMARÍN)
Equipo 5: RESIDENCIA DE MAIORES (BANDE), RESIDENCIA PARA PERSOAS MAIORES VIRXE DO XURES (LOBIOS)
Equipo 6: RESIDENCIA FOGAR SANTA MARIA (VERÍN)
Equipo 7: CASA HOGAR “MOREA” (A PEROXA), RESIDENCIA AMENCER DE GRAVEMENTE AFECTADOS (A PEROXA), RESIDENCIA DE DISCAPACITADOS GRAVEMENTE AFECTADOS AMENCER (A PEROXA)
Equipo 8: RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE LOS OLIVOS (A PEROXA), RESIDENCIA O LECER DOS AVOIÑOS (COLES)
Equipo 9: VIVENDA COMUNITARIA A NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA (COLES),
Equipo 10: RESIDENCIA DA 3ª IDADE (A POBRA DE TRIVES), RESIDENCIA (SAN XOAN DE RIO)
Equipo 11: RESIDENCIA 3ª IDADE “GABINO GARCIA FDEZ” (MANZANEDA)

Artigos relacionados

Back to top button