SanidadeÚltima hora

A vacinación dos menores de 29 anos comezará mañá na provincia

 

O martes 27 de xullo comezará o proceso de vacinación contra o Covid-19 para o grupo de idade de 29-20 anos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Tamén están citados pola mañá algúns da autocita de 16 a 19 e repescas, segundo informa Sanidade.

En total, está previsto que se administren 500 doses no Hospital Público de Valdeorras, no Barco; no caso do Hospital de Verín serán 400 as doses, mentres que en Expourense están citadas para vacinación unhas 5.000 persoas. Nos tres hospitais o proceso desenvolverase pola mañá e pola tarde.

 

Artigos relacionados

Back to top button