Coa idea de “resaltar o valor daquelas persoas e institucións que, vinculadas á educación viaria, destacan polo seu ámbito humano” e ao mesmo tempo “dar voz e defender as peculiaridades das zonas menos poboadas”, nace o Premio Compromiso Amicar.
Trátase dun galardón anual creado polo Centro de Formación Amicar e a Fundación de Víctimas de Accidentes de Tráfico Avatá, que celebrará a súa primeira edición o vindeiro venres 15 de decembro pola tarde no Hotel Monumento Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras.
Tomando como protagonista do evento “o valor e o compromiso da muller nos anos do franquismo no sector da educación viaria”, o xurado decidiu outorgarlle o premio a Adelaida Arias Fernández, “a primeira muller que obtivo por exame a titulación de docente de autoescola, orixinaria da comarca e cuxo derecho negóuselle por ser muller e con estudos”, explican dende Amicar.
A entrega do premio correrá a cargo da secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, e aproveitarase o acto para presentar as distintas actividades que se levan a cabo no campo da educación viaria grazas ao acordo entre Amicar e Avatá.