
No control de marcas que se celebraba este domingo 29 de decembro en Ourense a atleta valdeorresa Inés Docampo (Adas Proinor) vén de facerse coa mínima na proba de 1.500 m para o Campionato de España Sub18 de pista cuberta. Completaba esta carreira cun tempo de 4:58.97.
“Excelente estivo esta atleta valdeorresa no plantexamento da súa carrera que lle valeu conseguir estes excelente 4’58 nesta distancia”, segundo se destaca dende o Club Adas. Esta mínima garante así a participación dun total de catro atletas valdeorreses no nacional de marzo, tras as conseguidas por Lola Bouza, Luan Henrique e Belen García.
