DeportesÚltima horaVídeos

A valdeorresa Inés Docampo, campioa Sub20 do Cross Internacional de Itálica (Sevilla)

Publicidade
Inés Docampo, competindo no Cross de Itálica.

 

A atleta valdeorresa Inés Docampo Gamarra (Club Adas Cupa do Barco) segue colleitando destacados resultados. Tras o seu cuarto posto nacional por clubs no Campionato de España de cross de relevo mixto absoluto do 12 de novembro, na pasada fin de semana vén de proclamarse campioa na categoría Sub20 do XL Cross Internacional de Itálica na provincia de Sevilla.

 

 

Inés Docampo completaba a proba nun tempo de 00:13:53, mentres que en segundo lugar entraba Rita Figuereido (00:13:53) e o terceiro posto era para Blanca Battle de A.A. Paramos (00:14:08).

Fotos e vídeo: cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button