AletismoDeportesÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo imponse na carreira absoluta do Nadal, na Rúa

 

Partía como favorita e non defraudou. Inés Docampo Gamarra, campioa europea de cross Sub20 por equipos coa Selección Española, impoñíase tamén na proba absoluta da edición San Silvestre da X Carreira e Andaina Popular do Nadal, celebrada na mañá deste 31 de decembro no Aguillón da Rúa.

A atleta do Club Adas completaba o circuíto de 6,5 km que percorría boa parte da zona da Veiga, preto do río nun tempo de 21:43. O segundo era Jesús Rodríguez León do Fluvial O Barco cun tempo de 21:49 e terceiro Fernando Falla Gómez de Ponferrada nun tempo de 21:56.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-san-silvestre-de-valdeorras-reune-na-rua-a-mais-de-200-persoas/

Artigos relacionados

Back to top button